luns, 18 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Boas tardes! Hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos baixo o lema "Museos pola Igualdade: diversidade e inclusión".
Imaxe extraída de https://www.icom-ce.org/

Como xa sabedes, debido ao COVID-19 e ao confinamento no que estamos, hai moitas actividades que non podemos realizar, entre elas visitar os museos que temos no noso entorno. 
É por iso que moitos deles decidiron facernos este tempo algo máis levadeiro e abrirnos as súas portas para visitalo de maneira virtual
Aquí vos achegamos algúns deles:
  • MUSEO DEL PRADO: nel podedes acceder a audioguías infantís que vos axudarán no recorrido e vídeos comentando as obras máis famosas. Ademais propoñen un xogo interactivo moi divertido onde teredes que atopar personaxes nunha ilustración. AQUÍ 

  • MUSEO GEOMINERO de MADRID: neste museo poderedes coñecer mediante xogos e a través de tres personaxes (Ploppy, Piqueto e Gea), información interesante sobre o ciclo natural da auga, os recursos minerais e os tipos de rochas que existen. AQUÍ


  • REAL JARDÍN BOTÁNICO de MADRID: acceso a un xogo online no que seredes investigadores que realizarán probas de inxenio e agudeza visual para atrapar ao autor dun crime cometido nese museo, descubrindo o fascinante mundo vexetal. AQUÍ. Ademais tedes acceso a outro xogo no que aprenderedes as partes dunha planta e as funcións que realizan. AQUÍ


  • FUNDACIÓN JOAN MIRÓ de BARCELONA: poderedes ver vídeos sobre a vida, obra e técnicas do pintor Joan Miró, así como xogos interactivos para traballar 10 conceptos da súa obra. AQUÍ
Un saúdo e bo comezo de semana!


Ningún comentario:

Publicar un comentario