sábado, 2 de maio de 2020

2 DE MAIO: DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR




2 DE MAIO: DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR






Hoxe é o Día Mundial contra o Acoso Escolar polo que queremos recomendarvos unha pequena curtametraxe titulada "Acoso escolar é violencia". Con ela poderedes reflexionar cos nenos e as nenas, nas vosas casas, sobre este tema tan delicado.


Achegámosvos tamén unha pequena guía elaborada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, titulada "Axúdalle fronte ao acoso escolar". Nela podedes atopar indicadores de alerta e orientacións para actuar ante un caso deste tipo.



Xa para rematar, recomendámosvos a canción "Se buscan valientes" de Langui para que, ao seu ritmo, aprendades que "se buscan valientes, que expresen lo que sienten, se buscan valientes que apoyen y defiendan".


Boa fin de semana!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario