luns, 7 de decembro de 2020

BENVIDOS E BENVIDAS DE NOVO

Benvidas e benvidos de novo a este blog!! Aquí comeza a nosa andaina neste curso 2020/2021 e que mellor forma de facelo que para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Comezamos por deixarvos unha ligazón á entrada do blog da biblioteca onde podedes atopar diferentes curtametraxes sobre a temática: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/12/3-decembro-dia-internacional-das.html 

Agora deixámosvos un vídeo coa actividade proposta por Fidalgo, a mascota da biblioteca. 


"A beleza do universo non é só a unidade da variedade, senón tamén a diversidade da unidade" Umberto Eco

martes, 16 de xuño de 2020

REPASAMOS AS HORAS

Ola rapaces e rapazas! Que tal levades o martes?
Hoxe vimos con uns exercicios para repasar as horas, seguro que vos saen moi ben. 
Fixádevos que hai 3 actividades: escoller a hora correcta, relacionar a hora dixital coa súa lectura e por último escribir a hora que se indica nos reloxos

Recordámosvos que podedes realizala directamente dende o ordenador ou o teléfono móbil, e unha vez rematada clicades en Terminado! Despois diso hai dúas opcións: comprobar a resposta vós mesmos ou enviárnola ao noso correo (dorientacionxslr@gmail.com), escribindo nome e curso. 

Unha aperta! 


As horas, una ficha interactiva de ElenaGarda
liveworksheets.com

luns, 15 de xuño de 2020

CONCIENCIA FONOLÓXICA (IV)

Bos días rapaces e rapazas, como empezastes a semana?
Hoxe volvemos con exercicios para continuar traballando a conciencia fonolóxica. 
  • ORDENA AS SÍLABAS FORMANDO PALABRAS

  • TRABALLAMOS O FONEMA /L/
Autora: Rosa García Pagán
Autor pictogramas: Sergio Palao Procedencia: http://catedu.es/arasaac/ Licencia: CC (BY-NC-SA)

  • RECORTA AS IMAXES E PÉGAAS SEGUNDO O NÚMERO DE SÍLABAS QUE CONTEÑAN
Recursos extraídos de www.orientacionandujar.es 
Autor pictogramas: Sergio Palao Procedencia: http://catedu.es/arasaac/ Licencia: CC (BY-NC-SA)

venres, 12 de xuño de 2020

VAMOS A CONTAR

Bos días nenos e nenas! 
Esta semana imos a rematala con un exercicio de conteo e atención. Fixádevos nos obxectos, contádeos e despois escribide o número nos recadros que aparecen abaixo. 
Unha aperta e pasade boa fin de semana!

Conteo, una ficha interactiva de ElenaGarda
liveworksheets.com

xoves, 11 de xuño de 2020

CÁLCULO MENTAL (II)

Bos días! Hoxe xoves traemos dúas actividades de matemáticas. 
A primeira delas é un xogo de cálculo mental que xa coñecedes, para que practiquedes as operacións. A ver cantas oracións sodes capaces de adiviñar!







Por último deixámosvos a seguinte ficha para traballar os problemas matemáticos, son moi sinxelos. Acordádevos que podedes realizala directamente dende o ordenador ou o teléfono móbil, unha vez rematada clicades en Terminado! e comprobades se as respostas son correctas. 
Moita sorte! 

martes, 9 de xuño de 2020

NUBES DE SÍLABAS

Boas tardes rapaces e rapazas! Que tal vai a semana? 
Hoxe traemos un xogo para practicar a formación de palabras mediante sílabas. 
Para poder realizalo teredes que seleccionar primeiro o idioma e despois escoller calquera dos tres niveis que hai. Unha vez feito iso ordenades as sílabas para formar a palabra correcta e clicades na imaxe que a representa
Ánimo e unha forte aperta!



mércores, 3 de xuño de 2020

DIÑEIRO

Ola rapaces e rapazas, por aquí estamos de novo!
Hoxe traemos un exercicio interactivo para repasar as moedas e o diñeiro
O que tedes que facer é escribir canto diñeiro ten cada un e o obxecto que vai a mercar con el. 
Recordámosvos que podedes realizala directamente dende o ordenador ou o teléfono móbil, e unha vez rematada clicades en Terminado!
Moito ánimo!

Diñeiro, una ficha interactiva de ElenaGarda
liveworksheets.com