Ola rapaces e rapazas, por aquí estamos de novo!
Hoxe imos propoñervos que fagades nas vosas casas un dominó caseiro para entretervos neste confinamento. Aquí abaixo deixamos unhas imaxes que ilustran os pasos que se deben seguir para realizalo:
- Coa axuda dunha regra debuxamos uns cantos rectángulos e trazamos unha liña vertical no medio de cada un deles.
- Dentro dos ocos escribimos as operacións que se queiran (sumas, restas, multiplicacións ou divisións) e os resultados correspondentes. Para os máis pequenos podemos facelo por exemplo con maiúsculas e que as relacionen coas minúsculas.
- Recortamos as pezas e a xogar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario