venres, 29 de maio de 2020

SEGUE AS SERIES

Bos días! 
Para rematar a semana traemos unha sinxela actividade para continuar as series, o único que hai que facer é arrastrar as imaxes da segunda fila ata a primeira, na orde que creades correcta. 
Podedes realizala directamente dende o ordenador ou o teléfono móbil, e unha vez rematada clicades en Terminado! Despois diso hai dúas opcións: comprobar a resposta vós mesmos ou enviárnola ao noso correo (dorientacionxslr@gmail.com), escribindo nome e curso. 
É importante saber que para que as respostas sexan correctas, debedes empezar collendo as imaxes dende a parte esquerda e non aleatoriamente. 
Unha aperta e boa fin de semana!


Segue a serie, una ficha interactiva de ElenaGarda
liveworksheets.com

xoves, 28 de maio de 2020

XOGOS DE ATENCIÓN

Bo día a todos e a todas!! Hoxe traémosvos uns xogos de atención 👀. Premede nas imaxes para acceder a eles e dádelle a "Jugar como invitado" 😊

Buscar a silueta do quebracabezas igual á do modelo


Buscar o intruso 


Buscar a silueta da bolboreta igual ao modelo


O conta froitas

luns, 25 de maio de 2020

RELACIONAMOS AS IMAXES COAS PALABRAS

Boas tardes rapaces e rapazas! Para comezar a semana traemos un exercicio interactivo dos que xa coñecedes, para facer directamente no ordenador ou no teléfono móbil. 
Soamente teredes que relacionar as imaxes coa palabra correspondente
Moita sorte e bo comezo de semana. 

venres, 22 de maio de 2020

COMPRENSIÓN LECTORA (IV)

Boas tardes, para rematar a semana deixámosvos uns pequenos textos nos que seguimos traballando a comprensión lectora
Unha aperta!

xoves, 21 de maio de 2020

AGRUPAMOS AS PALABRAS EN SÍLABAS

Bos días rapaces e rapazas! Como levades a semana? 
Hoxe xoves traemos un exercicio que poderedes facer directamente dende o voso ordenador ou teléfono móbil. Trátase de agrupar as palabras segundo o  seu número de sílabas
Moito ánimo!

    

martes, 19 de maio de 2020

CONCIENCIA FONOLÓXICA (III)

Bos días! Hoxe martes volvemos con exercicios para continuar traballando a conciencia fonolóxica. 
Unha aperta!

  • ORDENA AS SÍLABAS FORMANDO PALABRAS
Recursos extraídos de Internet (https://www.orientacionandujar.es/). Propiedade de Maribel Martínez Camacho.  

  • TRABALLAMOS O FONEMA /s/
Recursos extraídos de Internet. 
Autora: Rosa García Pagán http://audicionylenguajeenunclic.blogspot.com.es/Licencia: CC (BY-NC-SA)
Autor pictogramas: Sergio Palao Procedencia: http://catedu.es/arasaac/ Licencia: CC (BY-NC-SA)

luns, 18 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Boas tardes! Hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos baixo o lema "Museos pola Igualdade: diversidade e inclusión".
Imaxe extraída de https://www.icom-ce.org/

Como xa sabedes, debido ao COVID-19 e ao confinamento no que estamos, hai moitas actividades que non podemos realizar, entre elas visitar os museos que temos no noso entorno. 
É por iso que moitos deles decidiron facernos este tempo algo máis levadeiro e abrirnos as súas portas para visitalo de maneira virtual
Aquí vos achegamos algúns deles:
  • MUSEO DEL PRADO: nel podedes acceder a audioguías infantís que vos axudarán no recorrido e vídeos comentando as obras máis famosas. Ademais propoñen un xogo interactivo moi divertido onde teredes que atopar personaxes nunha ilustración. AQUÍ 

  • MUSEO GEOMINERO de MADRID: neste museo poderedes coñecer mediante xogos e a través de tres personaxes (Ploppy, Piqueto e Gea), información interesante sobre o ciclo natural da auga, os recursos minerais e os tipos de rochas que existen. AQUÍ


  • REAL JARDÍN BOTÁNICO de MADRID: acceso a un xogo online no que seredes investigadores que realizarán probas de inxenio e agudeza visual para atrapar ao autor dun crime cometido nese museo, descubrindo o fascinante mundo vexetal. AQUÍ. Ademais tedes acceso a outro xogo no que aprenderedes as partes dunha planta e as funcións que realizan. AQUÍ


  • FUNDACIÓN JOAN MIRÓ de BARCELONA: poderedes ver vídeos sobre a vida, obra e técnicas do pintor Joan Miró, así como xogos interactivos para traballar 10 conceptos da súa obra. AQUÍ
Un saúdo e bo comezo de semana!


domingo, 17 de maio de 2020

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo día a todos e a todas!! Hoxe é unha data especial, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Queremos poñer á vosa disposición a biografía de Ricardo Carvalho Calero en pictogramas. Serviravos para coñecer un pouco máis sobre el.



Se queredes coñecer todo o material da exposición Recordando Carvalho Calero, podedes acceder á seguinte ligazón do blog da biblitoeca: https://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/05/semana-das-letras-galegas-2020.html


E se vos apetece facer unhas actividades interactivas, correde á entrada de hoxe do blog BIBLIOSANLUÍS: https://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/05/17-de-maio-dia-das-letras-galegas.html

Bo domingo 🌞

xoves, 14 de maio de 2020

REPASAMOS OS VERBOS

Boas tardes rapaces e rapazas! Hoxe traemos unha actividade para que repasedes os verbos
Moita sorte!
                         
       

mércores, 13 de maio de 2020

ADIVIÑA O ANIMAL QUE SE DESCRIBE

Bos días! Hoxe traemos un xogo para comprobar canto sabemos dos animais
Para poder ver as pistas teredes que levar o cursor ata cada un dos iconos de lámpada. 
Unha vez que coñezades a resposta facedes clic en solución e poderedes comprobar se acertastes. Despois soamente teredes que facer clic na frecha situada á dereita para continuar co xogo.  
Moita sorte! 😉

martes, 12 de maio de 2020

XOGOS INTERACTIVOS PARA DIFICULTADES DE LECTOESCRITURA



Aquí vos deixamos unha serie de xogos interactivos atopados na rede para traballar diferentes aspectos da lectoescritura.

  • Xogo interactivo de ordenar letras para formar palabras:

  • Xogo interactivo para identificar palabras inventadas:

  • Xogo interactivo de contar o número de palabras dunha frase

  • Repaso de ortografía ñ-ll. Para unha mellor visión, hai que darlle a “Iniciar presentación” na esquina superior dereita: 

  • Discriminación visual d/p/b/q. Para unha mellor visión, hai que darlle a “Iniciar presentación” na esquina superior:

xoves, 7 de maio de 2020

CREAMOS UN DOMINÓ

Ola rapaces e rapazas, por aquí estamos de novo! 
Hoxe imos propoñervos que fagades nas vosas casas un dominó caseiro para entretervos neste confinamento. Aquí abaixo deixamos unhas imaxes que ilustran os pasos que se deben seguir para realizalo:
  1. Coa axuda dunha regra debuxamos uns cantos rectángulos e trazamos unha liña vertical no medio de cada un deles.
  2. Dentro dos ocos escribimos as operacións que se queiran (sumas, restas, multiplicacións ou divisións) e os resultados correspondentes. Para os máis pequenos podemos facelo por exemplo con maiúsculas e que as relacionen coas minúsculas. 
  3. Recortamos as pezas e a xogar! 
Se vos animades a facelo e tedes máis ideas enviádenolas ao correo. Unha aperta!


 


 

martes, 5 de maio de 2020