Bos días rapaces e rapazas! Hoxe traemos uns exercicios para repasar as horas con un reloxo analóxico. Poderedes realizalos no teléfono móbil ou no ordenador, pero para unha mellor visualización recomendamos poñelo en pantalla completa se o facedes neste último.
Nesta actividade teredes que ou ben escribir a hora que se indica no reloxo ou ben mover as agullas para colocar a hora que aparece no cadro. Para saber se a resposta é a correcta soamente teredes que facer clic no icono de verificación situado na parte dereita da páxina.
Moita sorte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario