xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Boas tardes! Como xa saberedes hoxe 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor e para conmemoralo traémosvos dende este blog unhas propostas para desfrutar dos libros sen saír da casa. 

Para comezar, aquí tedes unha ilustración e un marcapáxinas que podedes colorear e utilizar nos vosos libros e contos para non perdervos na lectura. 

 Ilustracións de @latroncadenavidad e @veragalindo_ 

"El que lee mucho y anda mucho, 
ve y sabe mucho" 
Miguel de Cervantes

Agora escoitade este contaconto sobre un elefante que perdeu o seu anel de matrimonio e grazas a iso aprende unha valiosa lección. Ademais podedes ver como pouco a pouco, a súa autora vai debuxando e coloreando a imaxe que representa o conto. 



Outra proposta que vos deixamos son os pictocontos, é dicir, un conto que emprega pictogramas para desenvolver unha historia, o que facilita a comprensión a aqueles nenos e nenas que teñen algunha dificultade.  

Nesta páxina → https://www.pictocuentos.com/ ← poderedes escoitar e ler tres famosos contos que seguro que coñecedes moi ben: "Ricitos de oro", "Caperucita Roja" e "El patito feo". Se o preferides tedes tamén o vídeo en youtube:



Ademais, facendo click AQUÍ podedes acceder a outros pictocontos elaborados por Miriam Reyes e Amélie Mariage de "Aprendices Visuales"



Por último, para aquelas persoas con discapacidade auditiva e/ou dificultade na fala, existen unha serie de contos que empregan a linguaxe de signosO portal de RTVE elaborou uns signacontos (contos coas mans) aos que podedes acceder facendo click AQUÍ. Deixámosvos un exemplo: 



Lembrade que no blog da nosa compañeira María (https://nenosdeprimeiro.blogspot.com) tedes acceso a unha chea de contos en formato dixital. 
Outros recursos que podedes empregar son: 
Un abrazo moi grande e felices lecturas! Detrás de cada libro agóchase unha aventura fascinante!

Ningún comentario:

Publicar un comentario