Hoxe traemos unha proposta que vos vai ser moi apetitosa 😋. Vamos aproveitar que temos que quedar na casa para cociñar coa familia.
- O primeiro que imos facer vai ser un biscoito marmorado, seguindo a receita que vos deixamos aquí abaixo.
- O seguinte vai ser elaborar a nosa propia receita. Para iso deixámosvos un modelo que podedes imprimir e completar despois cos ingredientes e cos pasos a seguir. Para axudarvos deixamos uns vídeos con diferentes propostas, podedes elixir a que queirades!
Recordade sempre pedir axuda a un adulto.
Ánimo e bo proveito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario