martes, 28 de abril de 2020

CONCIENCIA FONOLÓXICA (II)

Boas tardes! Hoxe martes traemos máis exercicios para continuar traballando a conciencia fonolóxica. 
Moito ánimo!

  • ORDENA AS SÍLABAS FORMANDO PALABRAS
Recursos extraídos de Internet (https://www.orientacionandujar.es/). Propiedade de Maribel Martínez Camacho.  

  • TRABALLAMOS O FONEMA /t/
Recursos extraídos de Internet. 
Autora: Rosa García Pagán http://audicionylenguajeenunclic.blogspot.com.es/Licencia: CC (BY-NC-SA)
Autor pictogramas: Sergio Palao Procedencia: http://catedu.es/arasaac/ Licencia: CC (BY-NC-SA)

  • SIGUE AS INDICACIÓNS QUE SE RECOLLEN NO DOCUMENTO
Recursos extraídos de Internet.
Autora: Eva María Oliva Mesa.

luns, 27 de abril de 2020

PRACTICAMOS AS HORAS

Bos días rapaces e rapazas! Hoxe traemos uns exercicios para repasar as horas con un reloxo analóxico. Poderedes realizalos no teléfono móbil ou no ordenador, pero para unha mellor visualización recomendamos poñelo en pantalla completa se o facedes neste último. 

Nesta actividade teredes que ou ben escribir a hora que se indica no reloxo ou ben mover as agullas para colocar a hora que aparece no cadro. Para saber se a resposta é a correcta soamente teredes que facer clic no icono de verificación situado na parte dereita da páxina. 

Moita sorte!

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Boas tardes! Como xa saberedes hoxe 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor e para conmemoralo traémosvos dende este blog unhas propostas para desfrutar dos libros sen saír da casa. 

Para comezar, aquí tedes unha ilustración e un marcapáxinas que podedes colorear e utilizar nos vosos libros e contos para non perdervos na lectura. 

 Ilustracións de @latroncadenavidad e @veragalindo_ 

"El que lee mucho y anda mucho, 
ve y sabe mucho" 
Miguel de Cervantes

Agora escoitade este contaconto sobre un elefante que perdeu o seu anel de matrimonio e grazas a iso aprende unha valiosa lección. Ademais podedes ver como pouco a pouco, a súa autora vai debuxando e coloreando a imaxe que representa o conto. 



Outra proposta que vos deixamos son os pictocontos, é dicir, un conto que emprega pictogramas para desenvolver unha historia, o que facilita a comprensión a aqueles nenos e nenas que teñen algunha dificultade.  

Nesta páxina → https://www.pictocuentos.com/ ← poderedes escoitar e ler tres famosos contos que seguro que coñecedes moi ben: "Ricitos de oro", "Caperucita Roja" e "El patito feo". Se o preferides tedes tamén o vídeo en youtube:



Ademais, facendo click AQUÍ podedes acceder a outros pictocontos elaborados por Miriam Reyes e Amélie Mariage de "Aprendices Visuales"



Por último, para aquelas persoas con discapacidade auditiva e/ou dificultade na fala, existen unha serie de contos que empregan a linguaxe de signosO portal de RTVE elaborou uns signacontos (contos coas mans) aos que podedes acceder facendo click AQUÍ. Deixámosvos un exemplo: 



Lembrade que no blog da nosa compañeira María (https://nenosdeprimeiro.blogspot.com) tedes acceso a unha chea de contos en formato dixital. 
Outros recursos que podedes empregar son: 
Un abrazo moi grande e felices lecturas! Detrás de cada libro agóchase unha aventura fascinante!

Todos contra o coronavirus

martes, 21 de abril de 2020

MATERIAL DE LECTURA FÁCIL

No primeiro trimestre, acudimos ás "Xornadas de biblioteca inclusiva" a Santiago de Compostela. Nelas faláronnos, entre outras cousas, do sistema de Lectura Fácil. Ímosvos explicar que é. Consiste en simplicar a información para facer dela un código accesible para todos/as.

A continuación deixámosvos a explicación da acentuación en lectura fácil  que seguro é de utilidade para o alumnado dos cursos altos de educación primaria.



No colexio temos algúns libros de lectura fácil. Dado que non podemos acceder á biblioteca do cole, deixámosvos unha imaxe daqueles que poderedes ler á volta.


Se as vosas familias están interesadas en mercar algún libro deste tipo, poden consultar o seguinte catálogo:


Para recoñecelos debedes fixarvos en que teñan o seguinte símbolo. Xa adoita estar tamén nas portas das librarías para que os usuarios saiban que dispoñen deste material.
logo-lf copia - BiblogTecarios


Premede na seguinte ligazón e poderedes ler o libro "El principito" en lectura fácil.
Habrá llegado El Principito a su planeta? – Planeta Fácil

Saudiños!!

venres, 17 de abril de 2020

CONTACONTOS ("EL CAZO DE LORENZO" E "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA")

Boas tardes! Para rematar a semana propoñémosvos o visionado dunha serie de vídeos. 
O primeiro vai ser un corto realizado a partir do libro chamado "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier, no que nos contan o día a día dun neno diferente: as súas dificultades, as súas cualidades e os obstáculos que ten que afrontar. 
Ademais deixámosvos un contaconto deste mesmo libro realizado por un neno chamado Alex. 



     
Agora, unha vez vistos estes vídeos e despois de reflexionar un pouquiño sobre o que nos quere decir este conto, ides a responder as seguintes preguntas:
  1. Que lle pasa a Lorenzo?
  2. Que é o que ten Lorenzo que non teñen os demais?
  3. Como ven as outras persoas a Lorenzo cando vai arrastrando o cazo?
  4. Que cousas lle costa facer a Lorenzo cando vai arrastrando o cazo?
  5. Alguén axuda a Lorenzo?
  6. Como axuda esa persoa a Lorenzo?
  7. Que pasa ao final con Lorenzo?

Por último propoñémosvos outro contaconto, pero esta vez do libro "Por cuatro esquinitas de nada", de Jérôme Ruillier, no que Cadradiño quere xogar cos seus amigos Redondiños, pero non pode pasar pola porta porque é redonda como os seus amigos. Se queredes descubrir que solución lle atopan teredes que ver o seguinte vídeo:


Esperamos que vos gusten moito e que pasedes unha boa fin de semana!

mércores, 15 de abril de 2020

CÁLCULO MENTAL

Boa tarde! Hoxe traémosvos un xogo de cálculo mental para que practiquedes as operacións. Soamente tedes que descubrir a que número corresponde cada cadrado e adiviñar a oración que se agocha detrás.
Para axudarvos a realizalas deixámosvos unha imaxe coas táboas de multiplicar. 
Moita sorte!













Aquí vós queda un xogo no que tendes que encontrar a palabra correcta coas letras desordenadas, ánimo!

Material extraído do blog: https://9letras.wordpress.com

ordena a frase

Material extraído do blog: https://9letras.wordpress.com

martes, 14 de abril de 2020

BENVI@S AO 3.º TRIMESTRE

Benvidos a todos e a todas a este 3.º trimestre!! Retomamos o curso cadaquén na súa casa pero dende esta xaneliña seguimos propoñendo pequenas actividades para que poidades facer.

Hoxe traémosvos unha proposta de CAIXA TEACCH. Para facela precisades os seguintes materiais que seguro tedes na casa:
  • Unha caixa de cartón.
  • Lazos.
Mirade a seguinte imaxe para facervos unha idea de como a debedes construír.

Idea extraída do blog: https://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com/2019/11/caja-teacch-tira-de-la-cinta.html)
Con esta caixa tan sinxela podedes traballar a coordinación óculo-manual, diferentes cores, contar cantos lazos hai de cada cor...

Se vos apetece que publiquemos algunha foto ou vídeo vosa realizando estas propostas, só tedes que enviárnolas ao seguinte correo: dorientacionxslr@gmail.com

Un bico e bo comezo de trimestre!! 😘😘

venres, 3 de abril de 2020

O CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO QUEDA NA CASA

Son as 13.50h, un día normal estariamos saíndo do cole pero hoxe é especial. Seguimos nas nosas casas facendo o máis importante nestes momentos: coidarse. Estamos segur@s de que pronto volveremos compartir momentos xunt@s.




Boas vacacións!! Coidádevos moito ❤️❤️

xoves, 2 de abril de 2020

DEBUXOS PARA O DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Xa están chegando imaxes do voso traballo para celebrar o Día Mundial do Autismo.









DÍA MUNDIAL DO AUTISMO



Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Mundial do Autismo. Vós sabedes o que é o autismo?? Deixámosvos aquí un vídeo titulado "Mi hermanito de la luna" que volo explica moi ben: https://www.youtube.com/watch?v=DhcYsJm-Dic&t=20s


Ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) teñen dificultades para relacionarse e comunicarse coas demais persoas. Para facilitar a súa comprensión, empréganse pictogramas. Seguro que moitos de vós sabedes o que son porque están moi presentes no noso cole e nas aulas. Deixámosvos a continuación, algúns contos con pictogramas. Na páxina "Aprendices visuales" podedes atopar máis:
















#PodoAprender #PodoTraballar

mércores, 1 de abril de 2020

COCIÑAMOS EN CORENTENA

Boas tardes! 
Hoxe traemos unha proposta que vos vai ser moi apetitosa 😋. Vamos aproveitar que temos que quedar na casa para cociñar coa familia

  • O primeiro que imos facer vai ser un biscoito marmorado, seguindo a receita que vos deixamos aquí abaixo.  

  • O seguinte vai ser elaborar a nosa propia receita. Para iso deixámosvos un modelo que podedes imprimir e completar despois cos ingredientes e cos pasos a seguir.  Para axudarvos deixamos uns vídeos con diferentes propostas, podedes elixir a que queirades!







Recordade sempre pedir axuda a un adulto. 
Ánimo e bo proveito!