sábado, 21 de marzo de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS

Benvidas e benvidos ao blog do Departamento de Orientación do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo. Neste momento que estamos cada un na súa casa por mor do estado de alarma e que se celebra o Día Mundial do Síndrome de Down, damos inicio a un novo camiño con este blog.

Nel penduraremos recursos accesibles para todos/as, recomendaremos curtametraxes, contos (con pictogramas, de lectura fácil)...

Gustaríanos recomendarvos un vídeo onde poderedes ver a diferentes persoas con Síndrome de Down e escoitar a súa reflexión: https://www.youtube.com/watch?v=kb8mJ0r8Guk

Convidámosvos tamén a participar nesta iniciativa:


Estade atentas e atentos!! Agardámosvos nesta nova xanela.

"Ser xusto non é dar o mesmo a todas e todos, senón dar a cada un en función das súas necesidades. Así, a axuda non é un privilexio, é unha necesidade e un dereito".

Marlene Horna Castiñeiras


Ningún comentario:

Publicar un comentario