martes, 24 de marzo de 2020

A MOTRICIDADE FINA


Moi boa tarde, compartímosvos aquí unha serie de actividades e xogos para traballar a motricidade fina, o que vai fortalecer os músculos das mans e dos pulsos e axudará a mellorar habilidades como a escritura. 
Estas propostas que recollemos teñen numerosas variacións e adaptacións que podedes facer en función da idade dos rapaces e rapazas, dos seus intereses ou dos recursos que teñades na casa.
Aí van as nosas propostas:
  • Recortar con tesoiras calquera material (por exemplo liñas debuxadas nun papel, cartón ou palliñas).
                                              

  • Facer figuras con limpapipas.


  • Xogar coa plastilina (amasala, estirala, enroscala, etc.) e facer figuras con ela.

  • Colocar gomas en tubos (do pelo ou de plástico).
           

  • Sacar o gran da espiga de millo.

  • Xogar coas pinzas de tender a roupa (e axudarlle a papá e a mamá a tendela😉). Podemos ademais pintalas e clasificalas por cores ou colocar o número de pinzas que nos indiquen. 


                                                          

     

  • Crear un xeoplano con chinchetas e practicar as figuras xeométricas que se coñezan. 

 



  • Inserir palillos ou bastóns dos oídos en ocos (por exemplo dun bote de especias).

  • Traspasar con pinzas (de cociña ou de depilar) diferentes obxectos dun recipiente a outro. Poden ser por exemplo canicas, pompóns, bloques, moedas, alimentos, etc.




 

(Neste xogo que vos propoñemos hai que debuxar un vaso con círculos de diferentes cores que corresponden aos pompóns que despois haberá que colocar en cada vaso de plástico)
  • Atar os cordóns.


  • Enroscar torcas en parafusos.

  • Meter limpapipas, espaguetes, lápices, etc. polos buratos dun coador ou dun recipiente con ocos. 
  • Introducir fíos ou cordóns polos buratos dun debuxo.
  • Traspasar a auga dun cazo a outro a través de esponxas.
  • Enroscar e desenroscar tapóns de botellas.
  • Facer pulseiras ou colares con macarróns.



Ningún comentario:

Publicar un comentario